Sunday 05 de May de 2024

O paxe real recolle as cartas dos nenos e nenas de Ordes


Os nenos e nenas da escola infantil municipal Sorrisos, así como os da unitaria de Merelle, recibiron esta mañá a visita do paxe real. Todas e todos tiveron a oportunidade de entregarlle en man a súa carta para que os Reis Magos de Oriente teñan claro os xoguetes desexan. Ademais cada un deles recibiu un paquetitos de doces e chuches, do que non tardaron en dar conta.